O forte temporal deixa á flota amarrada nos portos do Barbanza

    RIBEIRA> Aínda que o tempo rexistrou unha leve melloría en terra, no mar unha forte borrasca seguiu azoutando á costa barbanzá durante toda a xornada. A flota permaneceu amarrada en tódolos portos da zona, á espera de que remita o temporal para poder saír a faenar. As consecuencias do temporal deixáronse sentir máis na mar que en terra. A flota das comarcas do Barbanza e Muros Noia permaneceu amarrada na súa totalidade ante a alerta laranxa activada na costa. Estes días de inactividade traen aparelladas as consecuentes perdas económica para un sector xa en crise. As escasas descargas en lonxa fixeron que o prezo do peixe cotizara á alza aínda que as expectativas para os próximos días non son moi optimistas. Os profesionais agardan que o mar revolto destes días traia como consecuencia unha mellor presenza de peixe para paliar a escaseza dos últimos meses.