Emilio Pérez Touriño inaugurou o novo punto de venda directa do pósito pobrés

    tourinopobra_100_261108.jpgPOBRA > Posteriormente tamén presidiu a toma de posesión da nova xunta directiva da confraría de pescadores.

    Pasadas as seis da tarde, o presidente da Xunta de Galicia chegaba ás novas instalacións da confraría de pescadores da Pobra, situadas na rúa Castelao. Alí, Emilio pérez Touriño descubriu unha placa conmemorativa da inauguración destes locais que acaban de ser remodelados. Así, a antiga sede da confraría acolle agora diversas aulas para formación e oficinas. Na planta baixa ubícase o novo punto de venda directa dos produtos da confraría que se vai poñer en marcha baixo o distintivo de calidade PescadeRías.

    Toma posesión

    Tras percorrer as renovadas instalacións, na compaña da Conselleira de Pesca, Carmen Gallego, o presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, e diversas autoridades locais e comarcais, o presidente autonómico trasladouse ata a lonxa da localidade para presidir a toma de posesión da nova xunta directiva do pósito pobrés. Precisamente, o patrón maior, Manuel Maneiro, que vén de renovar o seu cargo quixo agardecer a presenza de Touriño neste acto. Así mesmo, expresou a súa intención de iniciar esta nova lexislatura con ganas de traballar e facer fronte ós novos retos que plantexa esta época de crise.

    Pola súa banda, o presidente da Xunta felicitou ós cargos recentemente elixidos e desexoulles unha labor chea de éxitos á fronte da confraría.

    Nova Lei de Pesca

    Precisamente, para mellorar as condicións laborais destes e de tódolos profesionais do sector, o parlamento galego vén de aprobar a nova lei de pesca, un texto único que recolle de forma integral tódalas modalidades do sector do mar, sentando as bases dunha pesca sustentable. Entre outras novidades, a nova lexislación substitúe o permex pola licenza de marisqueo con vixennia durante cinco anos e por preimeira vez distingue entre marisqueo a pé e a flote. Plantrexa amén unha nova distribución das zonas de explotación marisqueira. En materia de política social introduce tamén importantes vantaxes como o recoñecemento de enfermidades profesionais e un plan de pensións para os traballadores do sector.

    Todo isto, unido a outras iniciativas como a marca de calidade pesca de rías que plantexa unha mellora no sistema de comercialización ou a inxección económica para accións colectivas do sector marítimo sitúa a Galicia no camiño para dignificar o traballo no mar. Algo indispensable e de obrigado cumprimento para as administracións da principal rexión europea en materia de Pesca.

    Redacción Barbanza