Uns douscentos escolares participan nunha limpeza de residuos en praias dentro do programa Ludieduca

BOIRO> Uns douscentos escolares de educación primaria de Boiro e a Pobra do Caramiñal realizaron esta mañá unha limpeza de residuos en varios areais da zona. A actividade enmárcase no programa Ludieduca que desenvolve a Cruz Vermella de Boiro en colaboración coa empresa Jealsa.

O obxectivo da proposta non era outra que sensibilizar ós máis pequenos da necesidade de coidar o ecosistema mariño.

Coincidiendo coa celebración do Día Mundial dos Océanos, máis de douscentos nenos de varios centros educativos de primaria de Boiro e a Pobra participaron esta mañá nunha limpeza de residuos en varias praias da zona.

Acompañados dos seus profesores e tamén de voluntarios de Cruz Vermella recolleron e separaron todo tipo de lixo dende plásticos a vidros, ou outro tipo de residuos orgánicos.

A actividade enmárcase no programa Ludieduca que desenvolve a Cruz Vermella de Boiro da man da empresa Jealsa.

E resulta que, precisamente, a educación ambiental é un dos eixos fundamentais sobre os que traballa LudiEduca, transmitindo ós máis pequenos da importancia de coidar o noso medio ambiente.