Boiro promove a igualdade e o benestar nos centros educativos a través do Proxecto En(clave)

BOIRO> O concello de Boiro incrementou este ano a partida destinada ó proxecto En(clave) que desenvolve en colaboración cos centros educativos. O obxectivo é traballar a igualdade, a diversidade e a saúde mental a través de diversos programas de prevención e sensibilización.

Xa está en marcha o proxecto En(clave) deseñado polo concello de Boiro para este curso en función das demandas trasladadas pola comunidade educativa a través do Consello Escolar Municipal. Céntrase fundamentalmente en tres áreas. Por un lado, a igualdade para a prevención do acoso escolar e cuestión de xénero e diversidade.

Outros programas poñen o foco na educación e prevención incidindo no manexo das emocións mentres que a saúde e o benestar ocupan un lugar destacado no proxecto con programas sobre saúde mental, trastornos de conduta alimentaria, hixiene bucodental e avaliación optométrica.

O concello de Boiro destina preto de 60 mil euros a este programa, incrementado este ano as partidas para a prevención do acoso escolar e a saúde mental.

Trátase da terceira edición deste proxecto que naceu no curso 2021-2022 para dar resposta ás demandas da comunidade educativa para reforzar o traballo que xa se fai nas aulas para a promoción da igualdade e resolución de conflitos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí