O Extrugasa busca o pase a dezaseisavos na Eurocup

baloncesto250_271108.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa disputa hoxe o derradeiro encontro da primeira fase da Eurocup. Salvo debacle, as vilagarciáns estarán na seguinte rolda, incluso se non son quen de gañar ó Olivais de Coimbra, a gran revelación da competición. Ambos equipos coincidiron esta mañá en Fontecarmoa no último adestramento previo ó choque.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_271108.flv{/flowplayer} 

O Extrugasa afronta hoxe o último partido da primeira fase da Eurocup, unha competición que pasou a un segundo plano nas prioridades do equipo debido á mala traxectoria que arrastran en Liga.

Gañar hoxe ó Olivais de Coimbra as colocaría directamente en dezaseisavos de final coma segundas de grupo, por detrás do Tarbes. Se perden, aínda terían moitas opcións de acadar o pase como un dos oito mellores terceiros, dos doce grupos que hai.

O conxunto vilagarcián preséntase prácticamente en cadro, con só seis xogadoras do primeiro equipo ó 100%. Á coñecida baixa de Stevensson, que non ten ficha para a competición, únese a de Arantxa Novo, que non se adestrou durante toda a semana por un forte golpe no ombreiro que sufríu no partido ante o Soller, e a de María Asurmendi, que xogará aínda que moi mermada xa que atravesou  por un proceso gripal nos últimos días. 

En canto ó rival, ó principio da liguiña presentábase como a cenicienta, agora, despois de vencer na súa cancha a Extrugasa, ó Ribera e de levar ó Tarbes á prorróga, incluso mete medo.

No equipo das portuguesas destaca unha xogadora por enriba do resto, Ambrosia Jill Andersson, a mellor da competición nas estadísticas, promediando case 24 puntos e 10 rebotes por partido.

Segundo o técnico portugués, José Araujo, as posibilidades do seu equipo pasan hoxe porque as súas xogadoras fagan unha boa defensa minimizando a súa inferioridade no aspecto físico e facer unha boa selección de tiro.

Con todo, dende o seo do Extrugasa considérase que o partido importante desta semana será o do sábado, en Liga ante o Cadi Seu D’Urgel, onde se tentará rachar cunha xeira de seis partidos consecutivos sen gañar.

Redacción Salnés