O BNG defende o proxecto do parque industrial de Tremoedo

    foto_bng_100.jpgVILAGARCÍA > A voceira do BNG de Vilanova, Carmela Alfonso, e o voceiro nacionalista a nivel comarcal, Duarte Correa, falaron hoxe en rolda…

    … de prensa sobre a situación actual do proxecto do polígono industrial de Tremoedo. Para os nacionalistas o proxecto inicial rexistrou numerosas melloras grazas as aportacións dos veciños, como a reducción da súa extensión a 960.000 metros cadrados, a exención das terras de cultivo ou a innovación nos sistemas de captación de auga. Malia estas optimizacións, os nacionalistas sinalan que o proxecto aínda se pode mellorar máis.

    Malia as afeccións, os nacionalistas defende a necesidade de seguir adiante ca creación deste parque empresarial para axudar así a paliar os altos índices de paro neste concello nos tempos que corren. O aspecto negativo desta evolución do proxecto, segundo os nacionalistas foi a postura do goberno popular local de Vilanova.

    O BNG denuncia que tras celebrar o proxecto inicial na súa presentación no ano 2007, logo os populares non puxeron máis que trabas ó desenrolo do mesmo. A gota que colmou o vaso segundo os nacionalistas foron as últimas declaracións pedindo a dimisión de Carmela Alfonso; unha actuación que aseguraron que era máis propia doutro tempo e que parecía sacada das coñecidas obras esperpénticas de Valle Inclán.

    Porén, os nacionalistas tenderon á man os populares para intentar sacar adiante xuntos este proxecto. Asemade, Correa e Alfonso comprometéronse a seguir mediando entre a veciñanza e a Consellería de Vivenda e Solo para intentar achegar posturas. Algo que xa se pon de manifesto ca vindeira xuntanza que vai a ter lugar proximamente entre veciños e o Director Xeral do Instituto Galego da Vivenda e do Solo, Daniel Pino.

    Redacción Salnés