VILANOVA> O concello de Vilanova deberá modificar a propiedade dun camiño da rúa San Roque de Corón. O goberno local rexistrou de forma unilateral o camiño como público, a pesar de que unha familia reclamou que era da súa propiedade. Tras dous anos de xuízos, finalmente a xustiza dá a razón á familia. Os afectados celebran a decisión e afirman sentirse aliviados, especialmente despois de recibir insultos por parte dalgúns veciños.
Este pequeno camiño da rúa San Roque de Corón, que de primeiras non parece ter nada especial, causou un auténtico calvario a unha familia da zona. Hai dous anos decatáronse de que o goberno local rexistrou o camiño como público, cando, segundo eles, a parte final era da súa propiedade. Os afectados víronse obrigados a recorrer á xustiza.
Ao decatarse da decisión do goberno local, un dos veciños do camiño decidiu levantar o asfalto da súa propiedade.
Os feitos aos que ser refire José ocorreron en semana santa. Ao levantar o cemento, as forzas de seguridade do concello e os operarios municipais acudiron ao lugar, segundo os afectados, por orde do alcalde, para asfaltar a estrada. A veciñanza conseguiu evitalo.
Os afectados denuncian que recibiron insultos dende o concello.
Tamén recibiron insultos por parte da veciñanza, incluso con burlas nas redes sociais.
Tras dous anos de calvario, finalmente a xustiza deulles a razón. Agora séntense aliviados e contentos.
Incluso celebraron que por fin a situación chegaba ao seu final.
Os dous irmáns afectados colgaron as noticias da sentenza ao longo da vila para rematar cos insultos e coa outra versión que os culpa de querer apropiarse do camiño. Agora agardan que o concello cumpra coa sentenza e que rexistre como privada a parte de arriba do camiño.