Taru Tuukkanen asina polo Extrugasa ata final de temporada

baloncesto250_031208.jpgSALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa.  Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano

Nun abrir e pechar de ollos, en 24 yhoras fichouse a Taru Tuukkanen. A pivot finlandesa, militaba esta temporada no Napoli, de Liga italiana, pero os problemas económicos do club transalpino fíxolles prescindir dalgunhas das súas xogadoras. Ahí entrou o Extrugasa, ó que non lle fixo falta convencer a Taru, que hoxe mesmo aterrou en Santiago ás 14:00 e foi presentada dúas horas despois na sede social do club.

É unha xogadora moi querida pola afección vilagarcián xa que militou no equipo durante dúas temporadas, hai escasos anos. Posúe unha gran calidade, ten boa man, capacidade de liderazgo e unirase a Katia Da Silva e Mandisa Stevensson para crear un xogo interior bastante completo. 

A chegada da finlandesa vai unida á marcha de Tamera Young, pola política económica do club que vese na obriga de apretarse o cinto. A aleiro norteamericana non estaba contenta en Vilagarcía e o seu rendemento raiaba bastante por debaixo do agardado. O sábado será a súa despedida ante o San José despois de ter chegado a un acordo club e representante para que Young abandone a disciplina do Extrugasa o 9 de decembro.

Marcha polo tanto unha aleiro, e ven unha pivot, un cambio que para Isaac Fernández ten máis cousas positivas que negativas.

Así as cousas o sábado o Extrugasa presentarase co mellor equipo do ano, antes da marcha de Young e co debut de Tuukannen. Un novo reforzo podería chegar antes de Nadal, un tres que complete o plantel, aínda que dende a directiva quérese andar con coidado neste aspecto para evitar cometer erros como os deste ano con Tamera, Alexis e Sholokova.

Redacción Salnés