VILAGARCIA> O grupo municipal do Partido Popular en Vilagarcía, amosou este mércores a súa oposición á nova Ordenanza de terrazas elaborada polo executivo de Alberto Varela.
O portavoz popular Tomás Fole explicou os motivos das alegacións ao documento presentadas polo seu grupo durante o período de exposición pública, e ademais recoñeceu que insistirán que a ordenanza volva a ser debatida no pleno.
Unha clara a oposición ao texto, resumida en 18 alegacións relativas á zonificación, á ampliación de horarios, á altura dos biombos, as ancoraxes, á recollida de mobiliario e á recuperación do Comité de Seguimento, coa participación de hostaleiros e grupos políticos.
O grupo municipal do PP, tamén presentou alegacións a Ahituvi, a catro establecementos hostaleiros a título individual e a un establecemento comercial. Unha vez que os técnicos informen cada unha das alegacións, levaranse ao Pleno para a súa aprobación ou desestimación previa á aprobación definitiva da ordenanza, que se tratará na mesma sesión.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/14/fole_ordenanza_terraza_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/14/fole_ordenanza_terrazas.mp4{/flowplayer}