O Supremo desestima os recursos dos herdeiros de Raquel Fernández Soler

    legadofernandezsoler_100_031208.jpgPOBRA > O Tribunal Supremo vén de desestimar o recurso de casación interposto por un herdeiro de Raquel Fernández Soler en contra da sentenza …

    {flowplayer}barbanza/legadofernandezsoler.flv{/flowplayer}

    .. sentenza que establecía que os bens situados no termo municipal da Pobra eran propiedade do concello.

    O preceso xudicial iniciouse no ano 2003, cando un primo de Raquel Fernández Soler interpuxo unha demanda contra o concello da Pobra solicitando o a anulación do legado efectuado pola benefactora que cedía ó patrimonio municipal tódalas propiedades situadas dentro do termo municipal. Tratábase dunha vivenda, que o concello remodelou como casa da cultura, e varios solares anexos.

    O herdeiro pretendeu anular a vontade póstuma de Fenrández Soler aludindo a unha cláusula do testamento, que establecía que os bens debían permanecer tal e como estaban en vida da testadora. Daquela, o xulgado de primeira instancia de Ribeira xa lle dou a razón ó concello, establecendo que as remodelacións realizadas no inmoble non alteraban o seu estado orixinal.

    Sentenza firme

    Pero os familiares seguiron adiante co seu propósito mediante unha apelación que no ano 2006 tamén foi desestimada pola Audiencia Provincial. Agora, o Tribunal Supremo volve ratificar a pertenza destes bens ó concello mediante unha sentenza firme contra a que non cabe recurso. A única vía que lles restaría ós herdeiros sería a presentación dun recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional ou o Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo, imprevisible posto que non existiu vulneración de tales dereitos.

    O alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, acolleu a boa nova con gran satisfacción posto que os bens de Raquel Fernández Soler seguirán a disposición de tódolos veciños ó mesmo tempo que se respecta a súa vontade.

    Deste xeito, dase por pechado un longo proceso xudicial que, para o concello, careceu de sentido, porque dende o primeiro momento o legado dos bens realizouse en función do testamento e respectando escrupulosamente a legalidade.

    Redacción Barbanza