Desesperación entre a hostalería da Pobra ante o incesante goteo de roubos

A POBRA> Novo roubo na hostalería da Pobra. Esta noite os ladróns entraron no céntrico Bar Alameda. Levaron a caixa rexistradora e a máquina de tabaco.

Fartos e desesperados. Así se amosan os hostaleiros da Pobra ante o goteo de roubos que se suceden practicamente a diario na vila. Desta volta tocoulle ó bar Alameda. Os ladróns accederon ó interior rompendo unha fiestra. Levaron consigo a caixa rexistradora e a máquina de tabaco para o que forzaron a porta de saída do local.

É a segunda vez que os amigos alleos visitan este local. XA e outubro foron vítimas doutro roubo ó igual que moitos outros bares da zona como o Amanitas no que tamén entraron en varias ocasións.

A falla de vixilancia nocturna débese á escaseza de axentes da Policía Local que se atopa baixo mínimos ó non terse cuberto as últimas baixas e xubilacións. Os hostaleiros reclaman a toma de medidas, como a incorporación de persoal ou a instalación de cámaras de seguridade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí