Un veciño de A Illa aparece morto no seu domicilio

    falecemento_a_illa_100_031208.jpgA ILLA > Polo de agora descoñécense as causas do falecemento, aínda que segundo a Garda Civil, trataríase de morte natural.

    Arredor das dez e media da mañá os servizos do 112 avisaban á Garda Civil de Pontevedra da aparición dunha persoa morta no número 4 da travesía do Cruceiro, no concello de A Illa. Ata o lugar desprazáronse dous axentes e un vehículo dos servizos funerarios. Dúas horas máis tarde procedíase ó traslado do cadáver para a realización da autopsia. Ata o de agora son moi poucos os datos que se teñen sobre esta morte. Segundo informacións da Garda Civil, o finado era un varón de arredor de 40 anos que vivía na compaña da súa nai.

    En canto ás causas do falecemento, a mesma fonte apunta a que se tratou dunha morte natural. Agora será o resultado da autopsia o que revele o motivo da morte. Este suceso ocorre unha semana despois de que outro mozo do concello morrera mentres nadaba na piscina de Vilagarcía.

    Redacción Salnés