A confraría de Aguiño celebra o 19 de outubro o seu centenario con diversos actos conmemorativos

RIBEIRA> A confraría de Aguiño celebra este ano o seu centenario. Farao o sábado 19 de outubro cunha xornada conmemorativa na que se abrirá cun un seminario e rematará cunha homenaxe ós socios máis lonxevos do pósito.

No ano 1924 constituíase a confraría de pescadores de Carreira e Aguiño, a máis lonxeva da comarca do Barbanza. Un século despois, a entidade integra a máis dun cento de socios e converteuse nun referente na captura de diversas especies, con especial protagonismo do percebe, a ameixa, a navalla e o ourizo.

Para conmemorar o seu centenario, programáronse unha serie de actos o sábado 19 de outubro. A xornada comezará cun seminario sobre a historia das confrarías ó longo do último século e o seu papel actual.

Xa pola tarde terá lugar o acto institucional presidido polo Conselleiro do Mar. Ademais do descubrimento dunha placa conmemorativa, farase entrega dunha serie de distintivos ós socios máis antigos, memoria viva da confraría. Os actos desenvolveranse a partir das dez da mañá na casa do Mar de Aguiño.