AMBAR pon en valor a diversidade a través dunha romaría

    RIBEIRA> A asociación de persoas con diversidade funcional AMBAR celebrará este domingo a romaría da diversidade. Trátase dunha xornada lúdica e de convivencia na que se desenvolverán xogos, actuacións musicais, obradoiros e mesmo unha feira solidaria. As inmediacións da praia de Coroso son o escenario elixido por AMBAR para celebrar a primeira romaría da diversidade. Pretenden facer deste evento un espazo de encontro e convivencia no que compartir experiencias lúdicas, artísticas e solidarias. Os actos comezarán ás dez e media da mañá coa carreira pola diversidade. A continuación abriranse as carpas divididas en varias agras coa súa temática específica: a dos xogos, a das artes, a da verbena e a das ideas. Tódolos artistas, músicos, e colaboradores do mercado solidario participan desinteresadamente nesta iniciativa.