Oitava derrota consecutiva para o Extrugasa

extrugasa250_091208.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa sumou esta fin de semana a súa oitava derrota seguida fronte ó León. Unha mala xeira que coloca ó equipo arousán na penúltima posición, empatado a 13 puntos co colista, o Gran Canaria.

O regreso de Taru Tuukanen non foi suficiente para levantar ó Extrugasa, que volveu caer derrotado por oitava xornada consecutiva. A finlandesa firmou 21 puntos fronte ó San José pero as de Isaac Fernández sucumbeu xa no primeiro cuarto ante o cadro leonés. Neste tempo a máxima anotadora da Liga, Eshaya Murphy, meteu case a metade dos 27 puntos cos que acabou o partido.

O primeiro cuarto rematou cun 10-18 que obrigou ó Extrugasa a remontar desde o principio, e sen Young, que se foi de Vilagarcía lesionada nun nocello. O equipo visitante non foi precisamente brillante, cun acerto do 50 por cento nos lanzamentos de 2, o 9 de triples e o 68 por cento en tiros libres, pero bastoulle a súa superioridade nos rebotes para gaña ro partido. O León deu recuperado 40 balóns fronte ós 18 do Extrugasa.

As arousás tentárono ata o final pero finalmente acabaron 54 a 62. Un resultado que as coloca en prazas de descenso, empatadas a 13 puntos co colista, o Gran Canaria.

Redacción Salnés