O Viajes InterRías adxudícase o derbi e xa é líder

futbolsala250_091208.jpgSANXENXO > O Viajes InterRias de Sanxenxo fíxose co derbi do Salnés na liga de fútbol sala de Primeira Nacional B e colócase líder trala derrota do Loureiro Cesuras. O seu rival, o Grupo Junquera de Vilagarcía a piques estivo de empatar o encontro, pero fallou un dobre penalti nos últimos segundos.

O derbi de fútbol sala saldouse finalmente a favor do Viajes InterRías de Sanxenxo, que se coloca primeiro na clasificación. O Grupo Junquera de Vilagarcía adiantouse ata tres veces no marcador e en todas elas foron capaces os locais de sobreporse é facerse co triunfo. O cadro vilagarcián tivo incluso oportunidade de empatar nos últimos segundos, pero Oscarín errou un dobre penalti.

O partido comezou ben para o Junquera, que inaugurou o marcador cun tanto de Oscarín. Rodrigo empatou para os locais e con este resultado foise ó descanso. Á volta, Oscarín volveu pór por diante ó Junquera e ó pouco igualou Roberto. Un tanto de Ángel volveu dar vantaxe ós vilagarciáns pero o Viajes InterRías logrou darlle a volta ó marcador cos tantos de Bruno e Rodrigo.

Redacción Salnés