Máis de trinta entidades participan na II Feira da Educación

    RIBEIRA> Unha trintena de entidades participan na segunda edición da Feira da Educación que arranca este mércores en Ribeira. Teatro, música, danza e infinidade de obradoiros integran o amplo programa que se desenvolverá ata o sábado no auditorio municipal. A colaboración de tódolos centros educativos do municipio xunto con diversas entidades asociativas e as administracións fará posible a posta en marcha da segunda Feira da Educación de Ribeira. Trátase dunha iniciativa integradora que, ó tempo que busca a dinamización da lingua, pretende poñer en común o proxecto educativo do concello e promover a participación non só dos escolares senón de toda a comunidade educativa. O programa arrancará este mércores con actividades a partir das dez da mañá no auditorio. A clausura terá lugar o sábado ás dúas da tarde.Neste tempo pasarán polas instalacións municipais e polos centros educativos todo tipo de espectáculos e actividades coa divulgación cultural como denominados común. A feira ten tamén unha vertente social co proxecto Meninas Solidarias desenvolvido polo colexio Galaxia. A subhasta das obras realizadas polos alumnos nos obradoiros creativos servirá para recadar fondos para Aldeas Infantís.