Os Reis Magos percorrerán Ribeira en autobús

RIBEIRA> O Bus Real xa percorre as rúas de Ribeira. Dende esta mesma mañá este autobús chegado dende Oriente realizará algunhas rutas escolares. Trátase dunha iniciativa posta en marcha polo concello en colaboración co grupo Ferrín co fin de promocionar un transporte público accesible a través do programa ‘Riveira Move’

Este autobús será o medio de transporte co que os Reis Magos cheguen a Ribeira o vindeiro cinco de xaneiro. Partirán ás dez da mañá dende Corrubedo con paradas en tódalas parroquias e no hospital do Barbanza.

As súas maxestades repartirán caramelos e sortearán agasallos entre os nenos que acudan a recibilos nas distintas paradas.