Tres edís do actual goberno, entre os postos de saída da lista do PP da Pobra

    POBRA> O Partido Popular da Pobra realizou a presentación oficial da súa candidatura coa foto do novo equipo no paseo marítimo. Manuel Durán combinará veteranía e caras novas a partes iguais nunha lista na que tres concelleiros actuais, Xosé Manuel Castro, Balbina Lojo e Jesús Dieste, ocupan os primeiros postos. Se ben Manuel Durán decidiu tirar dos veteranos concelleiros para ocupar o segundo, terceiro e cuarto lugar na lista, o certo é que o resto dos postos de saída corresponden a novas fixaches do partido. Son, dende a quinta á décima posición, Mará Boo, Eloy Sobrido, María González, Juan Manuel Olveira, Victorino Mouzo e Saray Pazos. Os pesos pesados da actual lexislatura, Andrés Millán, Encarna González e Manuel Fontao, acompañarán nos últimos postos da lista ó aínda alcalde, Isaac Maceiras, que pecha a candidatura. Trala foto tivo lugar unha asemblea do novo equipo na que se trazaron as principais liñas de traballo de cara á campaña electoral. Entre os piares básicos do programa popular, que segue unha liña continuísta, destacan a creación de emprego e {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/17/fotocandidaturappnoia1703151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/17/fotocandidaturappnoia170315.mp4{/flowplayer}