Dúas victorias que outorgan moral para a vindeira fase

balonman250_231208.jpgSALNÉS > É a primeira vez no que vai de temporada que podemos falar de dúas victorias na mesma xornada para os equipos do Salnés, agardemos que non sexa a última. Rasoeiro e Albariño Agnusdei pecharon a primeira fase con sendos triunfos e collen certa moral para afrontar a segunda parte da competición.

De pouco servían xa as victorias, pero sempre son ben recibidas e dan un pequeno extra de confianza para afrontar a decisiva fase de salvación que comezará tralo parón de Nadal.

Ó que mellor lle sentou gañar foi sen dúbida ó Albariño Agnusdei, que por segunda semana consecutiva sumou os dous puntos, desta volta xeito moito máis holgado e ante o Camariñas. Ademais, salvan a honra e evitan ser últimos do Grupo B, en detrimento do Artai Poio.

No encontro, o Agnusdei descentrado e sufríu nos primeiros minutos para coller o ritmo, algo que os visitantes aproveitaron para poñerse en vantaxe. Sen embargo, mediado o primeiro acto, un parcial de 5-0 déulle-la volta ó electrónico.

A partir de ahí, as diferencias foron aumentando progresivamente, chegaron ó descanso con 16-11 no marcador, e na segunda parte incluso estiveron once por enriba, aínda que ó final os visitantes apretaron un pouco para deixar o marcador en 34-25.

Touza, Antonio e Gonzalo levaron o peso na faceta ofensiva e anotaron entre os tres 26 goles.

O Rasoeiro pola súa parte tampouco se xogaba nada pero foi quen de brindarlle-la victorias ós seus incondicionais logo de impoñerse ó Deza (27-26) nun partido moi axustado.

Notouse certa falta de tensión nos dous conxuntos e por iso o encontro careceu dun ritmo vivo; sen embargo houbo emoción ata o final, xa que os visitantes puideron empatar o choque.

Os grovenses rematan a ptrimeira fase quintos, despois dunha boa segunda volta que non lles foi suficiente para meterse entre os catro primeiros do Grupo A, que xogaranse cos catro mellores do Grupo B as prazas de ascenso.

Redacción Salnés