Novo curso de adestradores para as categorías base

BOIRO> A iniciativa terá lugar de marzo a maio e está organizada pola Federación Galega de Fútbol, a través da escola galega de adestradores, en colaboración coa concellería de Deportes. Por segundo ano consecutivo, e dado o éxito da primeira edición deste curso, a comarca do Barbanza, en concreto Boiro, volverá a acoller un curso de monitor de fútbol base de nivel cero. A actividade, que se desenvolverá entre os meses de marzo e maio, está organizada pola Federación Galega de Fútbol a través da Escola Galega de Adestradores. Nelson Barreiro destacou o interese que está a levantar un curso destas características, dirixido a persoas ligadas ó mundo do fútbol, que adestren e desexen adestrar nun futuro, máxime cando a partir do ano 2015 será obrigatorio dispoñer del para poder dirixir a un equipo da base O curso estará dirixido polo exfutbolista e actual adestrador do Laracha, Manuel Mosquera. As bases da convocatoria poden consultarse xa na propia paxina web da federación www.futgal.es. O custe do curso será 150 euros. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/16/cursoadestradorfutbolbaseboiro160114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/16/cursoadestradorfutbolbaseboiro160114.mp4{/flowplayer}