Agnusdei e Rasoeiro repártense os puntos nun derbi moi disputado

balonman250_070409.jpgMEAÑO> Xa non se xogaban nada Albariño Agnusdei e Rasoeiro, pero pese a iso loitaron pola victoria ata o final e regalaron ó público asistente un bo partido, que finalizou en empate.

Agnusdei e Rasoeiro empataron no derbi do balonmán do Salnés. Un punto que xa non significa nada nin para uns nin para os outros, porque os meañeses están descendidos dende hai quince días e os grovenses salvados matemáticamente dende o pasado sábado.

En Coirón puido verse quizáis o mellor partido da temporada por parte dos locais, que non sufriron o seu típico baixón na segunda metade. Os primeiros trinta minutos foron de escasa intensidade, cos mecos sempre por diante no marcador aínda que con diferencias escasas mercede a un bo arranque. Con 11-13 fóronse á pausa. X

a no segundo tempo chegou a reacción por parte dos locais, que souberon igualar o choque nos primeiros compases da reanudación. Chegaron a poñerse incluso por diante (23-22) pero de ahí ata o final a tónica foi de igualdade.

Entrouse con 28-28 no derradeiro minuto de xogo, con posesión para o Agnusdei; erraron, e na contra no fallou o Rasu. Cando todo semellaba que a victoria ía ir cara O Grove, os meañeses empataron a sete segundos para o remate.

Touza con oito goles e Iago con seis, foron os máis destacados por parte do Agnusdei. No Rasoeiro, estiveron sobresaíntres en ataque Juanjo con nove tantos e Borja con sete.

A próxima xornada será a do peche da competición. O Rasu recibirá ó Atlético Novás na casa, mentres que o Agnusdei viaxa a Ferrol para enfrontarse ó Tirso Molina.

Redacción Salnés