Ingresa na cadea o autor do último asasinato da violencia de xénero

    caso_portas_100.jpgPORTAS > Esta foi a primeira noite que pasou no cárcere da Lama en Pontevedra José Torrado Núñez, logo de ser condenado a prisión provisional sen fianza…

    … polo homicidio da súa muller, María Del Carmen Barcala, o pasado sábado. Na mañá de onte, o agresor de 49 anos era trasladado ó xulgado de Caldas onde rexeitou facer declaración algunha.

    Este veciño de Portas, aínda que natural da parroquia vilanovesa de Caleiro, estrangulaba a súa muller cas súas propias mans antes das cinco da mañá do sábado, no seu domicilio familiar de Romai, onde residían desde fai meses. Intres máis tarde era detido pola Garda Civil, nun cruce de estradas próximas á vivenda conxugal, logo de que un dos seus fillos alertara ós servicios de emerxencias. A causa do asasinato poderían ser os celos, logo de que a muller, de 42 anos, chegase tarde a casa do asador San Martín de Curro, en Barro, onde traballaba.

    Onte a tarde, esta última víctima da violencia de xénero era soterrada na igrexa parroquial de Santa María de Rubiáns, en Vilagarcía, de onde era natural. Neste acto, os seus seis fillos, catro homes e dúas mulleres, estiveron arroupados por unha chea de veciños, amigos e familiares. Un apoio que tamén chegaba desde Portas, onde duascentas persoas se manifestaron tamén onte en sinal de apoio á familia e repulsa polo acontecido. Actualmente nos transcenderon máis datos do acontecido ó decretarse o secreto de sumario do caso.

    Redacción Salnés