![]()
VILAGARCÍA > Os cidadáns de Vilagarcía terán un novo departamento administrativo ao seu servizo para facilitarlle os trámites relacionados co urbanismo…
… Trátase da Xerencia Municipal de Urbanismo, que se aprobou no pleno do concello co apoio de tódolos grupos políticos excepto de Izquierda Unida.
Trátase dun novo departamento para facilitar aos cidadáns os trámites administrativos relacionados con urbanismo. A axilidade, a eficacia e a eficiencia serán os principios que guíen ao grupo de goberno na creación desta nova ferramenta, segundo palabras da alcaldesa de Vilagarcía.
O BNG apoiou esta iniciativa en concordancia cos seus socios de goberno do PSOE. Castro Ratón defendeu a creación desta Xerencia de Urbanismo como ferramenta de axilidade e xestión activa que beneficiará aos cidadáns.
A orixe desta nova ferramenta está nunha proposta que realizou o Partido Popular nun pleno. Por iso o grupo de Tomás Fole non podía rexeitar esta iniciativa e votou a favor dela. Os populares reservaron o dereito a presentar futuras alegacións a esta Xerencia Municipal de Urbanismo cando se poña en marcha.
O único grupo político que votou en contra da creación deste novo departamento foi Izquierda Unida. Fajardo considera que hai asuntos prioritarios en Vilagarcía, antes de crear unha xerencia Municipal de Urbanismo.
IVIL apoiou a creación desta reforma administrativa. Trala aprobación dos estatutos da futura Xerencia de Urbanismo en Vilagarcía estes documentos publicaranse no Boletín Oficial da Provincia.
Redacción Salnés.
{flowplayer}images/salnes/pleno_vilagarcia_bibi.flv{/flowplayer}







