O GROVE > Esta mañá o alcalde de O Grove visitaba as instalacións do Obradoiro de Emprego Monte das Flores. Tanto o dirixente meco como os representantes do goberno municipal puideron asistir a unha clase de albanelería, fontanería e cantería, ademais de coñecer como se está a desenvolver a obra dunha nova fonte que lucira pronto na cidade.
No obradoiro de emprego Monte das Flores de O Grove convive a formación co traballo en perfecta harmonía. Nas clases aprenden o necesario para realizar as diferentes obras de albanelería, fontanería, electricidade ou cantería. Un total de 30 persoas se forman día a día para poder ter unha saída laboral digna.
Unha das importantes obras que están levando a cabo é unha nave que será a nova sede do módulo de carpintería. Ata agora todos os alumnos do obradoiro poñen o seu gran de area. Esta mañá representantes do goberno municipal meco asistiron para comprobar o desenvolvemento destas obras e da nova fonte que se instalará moi pronto na vila.
Redacción Salnés