Veciños de Meis maniféstanse contra o IBI dos invernadoiros

    foto_meis_100.jpgCAMBADOS > Preto de 30 veciños do Concello de Meis acudiron onte ó pleno de Cambados onde se incluía un punto de debate relativo ó imposto…

    … de Bens Inmobles que afecta os invernadoiros. Estes afectados quixeron así poñer de manifesto a súa desconformidade cos altos prezos que lles están a supoñer estas taxas na súa actividade hortícola. Atención as administracións queren erradicar os agricultores do Salnés; SOS contra as valoracións Catastrais dos invernadoiros do Salnés; os invernadoiros son instalacións móbiles, non son edificacións eran algunhas das lendas que se podían ler nas súas pancartas.

    Nos vindeiros días estes agricultores de Meis van a presentar ante a delegación do Catastro en Pontevedra cadansúa alegación individual, acompañadas de informes técnicos municipais e doutros enxeñeiros técnicos.

    De ahí en diante, seguirán recorrendo a onde sexa mester para evitar que se lle impoñan este alto gravame polas súas pequenas instalacións de invernadoiros considerados agora na nova normativa como edificacións. Estes veciños avisan ó resto da comarca en que esta situación vai a afectar o resto dos agricultores, solo que a eles o problema chegoulles antes por ser os primeiros en asumir a revisión do catastro.

    Redacción Salnés