As vendas caen nas tendas de alimentación a pesar de manter o horario de peche

VILANOVA> Como excepción á limitación horaria anticipada atópanse os comercios esenciais. Supermercados, gasolineiras ou farmacias poderán abrir as súas portas ata as 21:30 horas. No caso dos establecementos alimenticios a súas vense reducidas notablemente polo peche da hostalería.

As novas medidas impostas pola Xunta de Galicia inclúen o peche da hostalería e a limitación de horario ata as 18 horas dos comercios. Unhas restricións que non inclúen aos establecementos esenciais. Dentro desta categoría atópanse os locais de alimentación, as gasolineiras e as farmacias. O seu horario mantense ata as 21:30.

Os supermercados e tendas de alimentación vense afectadas as súas vendas polos peches perimetrais e especialmente, polos peches da hostalería.

As novas restricións non alteraron os horarios habituais de compras nos establecementos. Pero dende o supermercado si notan como a situación afecta aos clientes.

Aínda así, as súas compras continúan sendo normais sen caer no pánico do inicio da corentena.

Todas estas restricións afectan a aqueles concellos que dispoñen de tódolos establecementos esencias. En caso de que algún municipio non dispoña dalgún servizo, os veciños poderán desprazarse ao concello máis próximo para cubrir as súas necesidades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí