![]()
VILANOVA > Con motivo da crise son moitos os concellos que buscan fórmulas para promover a actividade económica…
… entre os seus veciños. É o caso de Vilanova que ven de crear un gabinete de emprego que lle prestará asesoramento de balde aos empresarios do concello á hora de tramitar as subvencións públicas.
A vindeira semana entrará en funcionamento o Gabinete de Emprego de Vilanova. Trátase dun servizo de asesoramento ao que poden acudir os empresarios e novos emprendedores do concello para acceder ás axudas públicas. Con este gabinete, o grupo de Goberno trata de poñerlle as cousas doadas ao empresario local co fin de dinamizar a economía e evitar o peche de negocios, por mor da crise.
A través deste gabinete, o concello creará unha base de datos na que se recollerán os datos de emprego no municipio, nos sectores da pesca e da construción. Segundo afirmou o concelleiro de Comercio do concello de Vilanova na presentación deste novo departamento.
O futuro polígono industrial de Baión creará emprego
A creación de emprego no concello de Vilanova será unha realidade cando comece a actividade empresarial no futuro polígono industrial de Baión. Segundo o alcalde de Vilanova, hai varias empresas interesadas en instalarse neste polígono que se prevé inaugurar a partires do mes de febreiro.
O Gabinete de Emprego estará formado polo arquitecto municipal, a orientadora do concello e o técnico de emprego. Os concelleiros de comercio, urbanismo e medio ambiente formarán parte do equipo deste gabinete de apoio ao empresario local.
Redacción Salnés.
{flowplayer}images/salnes/gabinete_emprego.flv{/flowplayer}








