O Liceo chega a un acordo para facer a nova sede e o Porto Deportivo

    fotoliceocopia.jpgVILAGARCÍA> O proxecto foi acordado á última hora de onte, a piques de cumprirse o prazo para presentalo. A empresa coa que o levarán a cabo é Marina Management.

     

    {flowplayer}images/salnes/PROXECTO_LICEO_CASINO.flv{/flowplayer}

    A empresa coa que o Liceo acordou este proxecto é Marina Management, que adiantará 400.000 euros ata novembro do 2011.

    Segundo o acordo, esta empresa encargarase do pago das tasas da lámina de auga cargo, que ó Liceo lle resultan imposibles de asumir e sen ese espazo acuático dúas das actividades máis importantes para esta sociedade serían imposibles de realizar. 

     Deste xeito o Liceo Casino poderase facer cargo da construción da nova sede social que contará cunha pista de paddel, un spa, un ximnasio, un pavillón e unha gardería. Ademáis desenvolverase tamén o proxecto para facer un parking.

    Con todo, este acordo está condicionado a que o aprobe a Asemblea, pola súa banda, o presidente, Alfonso Saavedra xa deixou claro esta mañá que de non ser así dimitirá do do seu cargo, pois asegura nese caso a sociedade estaría abocada á desaparición.

    Redacción Salnés