VILAGARCIA> O salón de peiteado Tijeras de diseño gaña o primeiro premio á mellor decoración de nadal co seu escaparate dedicado a Eduardo mans tesoiras. O concello entregou os premios aos 5 mellor decorados de entre os 34 participantes. A iniciativa permite fomentar a decoración e a celebración do nadal á vez que se da un pulo aos establecemento.
Vilagarcía volveu a celebrar unha nova edición do seu concurso de escaparates de nadal entre os comercios, hostalería e o sector servizos. Neste 2022 participaron un total de 34 negocios, dos cales foron escollidos os 5 mellores que recibirán diferentes premios. O gañador foi o salón de peiteado tijeras de diseño coa súa decoración dedicada a Eduardo mans tesoiras.
Os segundos postos foron para Chic Home e Village Backery. O local hostaleiro creou unha decoración para somerxer aos seus clientes nun conto de nadal.
E os terceiros premios foron para Rubén Neira e Imaxe e Moda. No caso de Rubén Neira o seu amplo decorado amosa diferentes espazos típicos do nadal.
O concello destinou 1500 euros para esta iniciativa, que se repartiron entre os cinco gañadores segundo a súa clasificación. Para o goberno local este concurso permite fomentar a decoración e a celebración do nadal á vez que da un pulo aos establecementos.
Para os locais, o concurso supón unha motivación para decorar os seus negocios e o premio, un recoñecemento a ese traballo.
A boa acollida por parte dos comercios e a resposta da clientela non pasa desapercibida para o goberno de Vilagarcía. O equipo de Varela non descarta ampliar o concurso ás propias fachadas das vivendas nos vindeiros nadal.