Unha boa oportunidade para rachar cos prexuízos en torno á lamprea

     CAMBADOS> No Restaurante Pademonium ofrécese un menú especial con este peixe como protagonista.

    {flowplayer}images/salnes/XornadasLampreaPandemonium_310113.flv{/flowplayer} 

    É evidente que a lamprea non é o peixe máis bonito deste mundo. É tan venerada por uns como repudiada por outros, sobre todo polo seu aspecto semellante ó dunha serpe. Se é dos deste segundo grupo e quere pasarse o dos que sí comen lamprea, aproveite a oportunidade que lle ofrece Pandemonium en Cambados. Un menú monográfico, a un prezo de 35 euros, que lles podería facer cambiar de opinión.

    Con este menú Antonio Botana pretende unir tradición e modernidade. Pratos de toda a vida cunha preparación innovadora. O menú arranca cun aperitivo, continúa con tres platos contundentes que pretenden realzar o sabor da lamprea de diferentes formas: lamprea en escabeche con crema de améndoas, continúa coa típica lamprea á bordalesa para rematar co prato principal, o timbal de lamprea.

    Para poñer o pecher, como non, un postre, no que  xa non estará presente a lamprea. Un menú altamente adictivo. Ollo, quen vai, quédase con gañas de repetir.

    Redacción Salnés