Iziane Castro, a gran esperanza para acadar a salvación

iziane_castro250_080109.jpgVILAGARCÍA > Tras vinte días coa competición parada a liga volverá esta fin de semana para o Extrugasa. No adestramento desta mañá preparatorio para o encontro ante o Gran Canaria, a única baixa foi a de Taru Tuukkanen, concentrada coa súa selección. Sí que estiveron as novas, Elisha Turek e Iziane Castro.

{flowplayer}images/salnes/baloncestoExtrugasa_080109.flv{/flowplayer} 

As caras de xogadoras e cadro técnico xa son outras despois do Nadal sobre todo coa chegada de Iziane Castro. A aleiro é a fichaxe que lle facía falla a este equipo: anotadora e con capacidade de liderazgo, non en van foi a auténtica referencia da selección brasileira que se quedou ás portas da medalla nos Xogos de Pekín. Ten experiencia na Liga Feminina (pasou polo Yaya María, Hondarribia e Perfumerías Avenida) e ven de asinar uns excelentes números co Lille en Euroliga. Con ela o futuro é moito máis esperanzador.

A brasileira quixo mandar unha mensaxe de optimismo á súa nova afección, cre que con traballo a salvación será posible. Ademais, asume o seu papel de líder no aspecto ofensivo.

A outra incorporación do equipo, veu unida ás marchas de Stevensson e Denti, foi a de Elisha Turek. A pivot norteamericana ven a aportar o seu gran de area e será importante nos vindeiros dous partidos debido á ausencia de Taru Tuukannen, concentrada coa súa selección na disputa do Preeuropeo.

O futuro vese doutro xeito no seo do Extrugasa. Cando o plantel este ó completo a finais deste mes, o conxunto vilagarcián estará preparado para gañar en case calquera pista, a sabendas de que lle fan falla prácticamente cinco victorias en trece partidos para poder salvar a categoría este ano.

Redacción Salnés