O Viajes Interrías gaña en Fisterra e xa é líder en solitario

futbolsala250_100209.jpgSALNÉS> O Viajes Interrías xa é líder en solitario da Primeira Nacional B logo de gañar en Fisterra e beneficiarse do picazo do Cesuras. Os de Javi Santos sumaron a súa decimoquinta victoria consecutiva. O Grupo Junquera caeu en Villamartín de Valdeorras.

Tras un man a man que durou prácticamente dous meses o primeiro en picar foi o Cesuras, que non pasou do empate ante o Troula na casa e quédase agora a dous puntos do líder,  xa en solitario, o Viajes Interrías.

Os portonoveses sufriron máis da conta para levarse os tres puntos da cancha dun Fisterra que amosou ter moi estudiado ó seu rival. O conxunto local pecheuse atrás descaradamente e renunciou  ó ataque combinativo, coa intención de cazar algunha contra. A fórmula funcionoulles 39 minutos.

Antes, foron quen de poñerse por diante na primeira metade e de chegar con empate ó descanso, despois de que Pedro empatase in extremis. O Interrías logrou poñerse por diante ó comezo da segunda parte, pero os locais voveron a igualar.

Xa nos últimos compases, Javi Santos decidíu arriscar, poñer porteiro-xogador e xogarse o partido a cara o cruz. Saíu cara. Un gol seu e outro de Pitu deixaron o marcador nun 2-4 que fixo xustiza co equipo que máis buscou os tres puntos.

O que non puido vencer foi o Grupo Junquera, que distánciase da cabeza. O resultado final (9-4) non reflicte o xogo que se víu en Villamartín. O conxunto vilagarcián puxo o espectáculo e as ocasións e os locais os goles.

O encontro chegou con vantaxe visitante ata ben entrada a segunda metade, pero con 1-3 no marcador, o desacerto defensivo do Junquera foi total e a efectividade local de cara a portería, espectacular.

Os de Juancar prepáranse xa para recibir a semana que ven en Fontecarmoa ó segundo clasificado, Cesuras O Loureiro.

Redacción Salnés