O RCN de Portosín sede do Campionato Galego de Cruceiros

PORTO DO SON> O Náutico sonense volverá a acoller esta vindeira fin de semana, do 22 ó 24 de agosto, unha proba do máximo nivel competitivo. Baixo a organización do Real Club Náutico de Portosín e a Federación Galega de Vela disputarase esta próxima fin de semana, os días 22, 23 e 24 de agosto, o Campionato Galego de Cruceiros, encadrada na XVI Regata Mar de Finisterre-IV Trofeo Repsol. Na proba tomarán parte unhas trinta embarcacións chegados dende diferentes clubs náuticos galegos que pelearán, primeiro, pola vitoria na súa categoría, e tamén pola consecución do máximo entorchado autonómico, debendo superar varias probas. O primeiro día, o venres, unha travesía media consistente nun triángulo olímpico pola ría de Muros Noia. Xa o sábado desenvolverase a proba longa costeira. Dende o propio náutico sonense quixeron agradecer tamén a colaboración, tanto das distintas institucións coma das empresas, especialmente Repsol, Gadisa ou ABANCA, o patrocinio desta proba, xa que sen a súa axuda sería practicamente poder desenvolvela.