![]()
BARRO > O delegado de Medio Rural informou que está a piques de rematarse a concentración parcelaria de Agudelo-Valiñas.
{flowplayer}images/salnes/parcelaria_barro.flv{/flowplayer}
BARRO > 11 anos despois de que comezara o proceso da concentración parcelaria na zona de Agudelo, Barro e Valiñas, a Consellería de Medio Rural está a piques de entregar as novas fincas de reemprazo aos propietarios.
Antes de levar a cabo este trámite, o delegado provincial da Consellería do Medio Rural, Gonzalo Constenla, reuniuse cos veciños, na escola obradoiro de Barro para explicarlles o os seus dereitos e obrigas. Nun curto prazo de tempo, os propietarios recibirán as novas terras para comezar, en breve, cos cultivos.
Á reunión acudiron máis de 300 veciños implicados neste proceso. Os asistentes están, nalgún caso, satisfeitos con este proceso de concentración parcelaria que permitirá, aos propietarios, unificar as súas fincas, antes dispersas. Outros, non están de acordo cos terreos que lle adxudicaron no proceso de concentración parcelaria.
O delegado do Medio Rural destacou as vantaxes do proceso da concentración parcelaria que reúne os terreos dispersos dos propietarios en superficies máis extensas, con máis valor económico e agrario. A Xunta de Galicia financia o 100% do proceso de concentración parcelaria que custa varios millóns de euros e máis de dez anos de negociación.
Redacción Salnés









