Os veciños apoian a Cores Tourís no novo proxecto da PO-531

    touris_531copia_100.jpgCURRO> O Delegado da Xunta en Pontevedra visitou esta tarde, o futuro emprazamento da rotonda de Curro, na PO 531. Os veciños demandáronlle máis melloras na zona.

    {flowplayer}images/salnes/NOVA_ROTONDA_CURRO.flv{/flowplayer}

    O delegado da Xunta, o alcalde de Barro e o portavoz da plataforma veciñal estiveron repasando os planos das obras que se van a acometer para mellorar o trazado entre Pontevedra e Vilagarcía. José Manuel Cores Tourís, afirmou que se trata dun trazado seguro e dun proxecto que absorbe a opinión dos veciños, non é, engadiu o delegado, a aberración que tiña preparada o bipartito.

    Así, vai primar a seguridade viaria nos núcleos de poboación fronte ó incremento da capacidade e terá un tratamento de travesía urbana.

    Segundo Manuel Corredoira, os veciños están contentos porque se subsanaron todas as afeccións que producía o proxecto presentado polo Bipartito.

    Pese a todo, as administracións recoñecen que vai ser necesario buscar alternativas para mellorar a comunicación entre Pontevedra e o Salnés.

    Redacción Salnés