O Establecimientos Otero perde pola mínima en Oviedo

tenis_mesa250_140109.jpgCAMBADOS > O Establecimientos Otero, do Cambados Tenis de Mesa, perdeu en Oviedo e mantense na metade da táboa en División de Honor. Pola súa banda, o Grupo Barros, tamén de Cambados, continúa líder invicto en Segunda Nacional, tras impoñerse por 4-2 ó Vincios.

O Establecimientos Otero, de Cambados, que milita en División de Honor, caeu derrotado a domicilio ante o Oviedo por un axustado marcador de 4-3. Deste xeito, o equipo cambadés queda na metade da táboa, con cinco vitorias e outras tantas derrotas. Para o Establecimientos Otero sumaron puntos o chino Liu e Jacobo Enseñat. A vitoria deixárona escapar no enfrontamento de dobres.

En Segunda Nacional, o Grupo Barros impúxose ó Vincios, segundo clasificado, por 4-2 grazas ós puntos de Karol Hasek, Ñajo Padín e Fernando Padín. Os cambadeses tiveron un partido complicado, que resolveron con autoridade. Deste xeito, o Grupo Barros segue de líder invicto con triunfos nos dez encontros que leva disputados.

Peor lle foi ó Joyería Enrique, que caeu no derbi arousán ante o Liceo Casino de Vilagarcía por un contundente 0-4. O equipo cambadés comeza a esgotar as súas opcións de lograr a salvación. No que respecta á Primeira División Galega, o Caixa Galicia sumou unha cómoda vitoria ante o Liceo Noia por 4-0 e ten posibilidades de ascenso, mentres que en Segunda o Insucarpi perdeu na casa ante o Galmédica por 0-4.

Redacción Salnés