SALNÉS > Nova xornada na Terceira División, a última antes do parón de Nadal. Os equipos do Salnés tentarán acadar os tres puntos para poder comer o turrón tranquilos.
Para Portonovo e Arousa unha victoria tranquilizaría a súa posición. Céltiga e Vilalonga buscan engancharse co grupo dianteiro.
Os primeiros en xogar serán os de Gabi Leis, nunha praza compricada como o é o Manuel Anxo Cortizo, ante o Lalín. O técnico celeste non poderá contar con Luismi, que estará entre tres a catro semanas de baixa pola recaida da súa lesión o pasado domingo ante o Negreira, que derivou nunha rotura de fibras. Tampouco estarán Pablo Puime e Iago, sancionado.
Leis recupera pola contra a Quito e Sarró, recuperados xa das súas molestias, mentres que se mantén a dúbida no lateral esquerdo de Lozano, con molestias musculares na súa perna esquerda.
O rival, é un conxunto que se fai forte no seu campo, que lle gusta o futbol directo e que coa presión que exercen sempre os seus centrocampistas, dificultarán o ataque combinativo do Vilalonga.
O Céltiga pola súa parte acude a Barreiro en cadro. Ás coñecidas baixas de Albert e Victor, únense as de Óscar Blanco e Cobas, sancionados. Ademais, Taja arrastra molestias dende hai días no tendón rotuliano e Nacho non se adestrou co resto do grupo durante toda a semana, polo que son serias dúbidas. O Gran Peña está a traballar para saír da zona baixa da táboa, un conxunto que se caracteriza polo seu bo xogo colectivo e por pelexar os encontro ata o último minuto. Non será sinxelo sumar os tres puntos para os da Illa.
O Portonovo pola súa parte visita o José Argiz para medirse ó Verín. Cos ánimos renovados os de Milucho tralo seu empate a pasada semana ante o Santa Comba pero a sabendas de que o rival é un equipo forte, co mellor xogo aéreo da categoría e ós que lle fai falla moi pouquiño para facer gol.
O Arousa será o único conxunto da Terceira do Salnés que xogue esta fin de semana na casa. Recibe ó Narón, equipo tamén caracterizado pola seu poder ofensivo, polo que se presume un encontro con goles. Os de Laxes tratarán de reconducir a súa traxectoria nas últimas semanas intentando facerse fortes atrás, dende a defensa, o debe deste equipo. Coas baixas definitivas de Dani Conde e Jesús, e con Valiñas no dique seco, Laxes deberá improvisar de novo unha liña de cobertura que sexa competitiva.
Ademais, en Preferente Autonómica o Sanxenxo recibe ó Marín, o Ribadumia ó Barco mentres que o Unión do Grove enfrontarase ó líder Cruceiro do Hío. Todos eles o domingo e como locais.
Redacción Salnés