Créase o Comité de Organización do Europeo de Triatlon

triatlon250_020210.jpgPONTEVEDRA> O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acolleu onte a primeira xuntanza do Comité encargado de organizar as probas da Copa e do Campionato de Europa e Triatlon. Na reunión consituíuse un Comité de Honra que será presidido por Alberto Núñez Feijoo.

{flowplayer}images/salnes/triatlon_020210.flv{/flowplayer} 

Representantes das Federacións Galega, Española e Europea de Triatlon, do Concello e Deputación de Pontevedra e da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, reuníronse onte en Pontevedra para comezar a sentar as bases da organización que terán as probas da Copa de Europa Premium deste ano e od Campionato de Europa de Triatlón de 2011. Traballarase en ambos eventos baixo unha única estructura organizativa.

Preténdese que a nivel organizativo, a Copa Premium deste ano sexa un adestramento de cara ó Europeo de 2011, por iso haberá probas durante dous días: o 12 de xuño celebraranse catro carreiras clasficatorias para o Campionato de España, e para o 13 quedará o prato forte. Ademais, a de Pontevedra será a primeira proba continental clasificatoria para os Xogos Olímpicos de Londres, algo que lle dará unha relevancia especial. En canto o campionato de Europa do ano que ven, todos amosaron a súa intención de traballar arreo para que poida ser recordado como o mellor de tódolos tempos.

O Comité Organizador, estará presidido polo alcalde de Pontevedra mentres que o Executivo será dirixido polo presidente da Federación Galega, Paco Villanueva. Así mesmo procederase a constituír un Comité de Honra no que tomarán parte Concello, Deputación e representantes do Consello Superior de Deportes e das Federacións Española e Europea. O presidente do mesmo será Alberto Núñez Feijoo.

Redacción Salnés