BOIRO> A actividade está organizada polo Real Club Deportivo da Coruña, en colaboración coa Escola de Fútbol Municipal Concello de Boiro. Será do 24 ó 28 deste mes de xuño, dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os seis e os catorce anos.
Esta mañá presentábase o DeporCampus de Boiro 2019. Desenvolverase do 24 ó 28 deste mes de xuño no campo municipal de Valiño, en Cabo de Cruz. Durante cinco días, rapaces de idades comprendidas entre os seis e os catorce anos poderán disfrutar, e formarse ao mesmo tempo, no deporte rei, baixo a supervisión de técnicos do Deportivo da Coruña.
Dende o Concello destacouse a importancia desta iniciativa que por segundo ano acolle a localidade, froito do convenio asinado pola Escola de Fútbol Municipal e o Deportivo da Coruña.
O prezo do Campus varía entre os 100 e os 120 euros, incluindo unha equipación, segudo de accidentes, almorzó e tamén entradas para ver un partido de Depor. Para máis información e inscrición na web: deporcampus.rcdeportivo.es.