Lúa Arufe foi recibida no concello de Porto do Son tralo seu éxito no EuropeoSub-17

PORTO DO SON> Con tan só 15 anos, a futbolista sonense Lúa Arufe proclamouse campioa de Europa sub 17 coa selección española.

O seu concello natal quixo brindarlle unha homenaxe esta mañá cunha recepción na casa consistorial á que acudiu acompañada da súa familia.

O alcalde e o concelleiro de Deportes fixéronlle entrega duns agasallos conmemorativos e agradeceron o seu esforzo por levar o nome de Porto do Son á elite do fútbol feminino.

Como agradecemento, o concello vén de establecer unha nova categoría nas subvencións deportivas para poder recoñecer a deportistas individuais en deportes de equipo.

O papel da deportista sonense neste mundial foi moi destacado, con dous goles ante a selección francesa que lle deron o pase á final.

Con toda unha carreira por diante, esta promesa do fútbol, ten claros os seus obxectivos a curto prazo.

O máis inmediato é o Mundial que se disputará en outubro na República Dominicana.

Con respecto á próxima tempada, na que xa non militará no Victoria, Lúa non quixo desvelar aínda o seu futuro aínda que agarda con acariciar pronto o seu soño de xogar en primeira división.