Os traballadores de Cedonosa buscan empresario para evitar o peche

    cedonosa100_150109.jpgVILAGARCÍA > O vindeiro día 31 Cedonosa cesará a súa actividade en Catoira e os traballadores terán 15 días para rescindir os seus contratos.

    {flowplayer}images/salnes/CEDONOSA.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > O vindeiro día 31 Cedonosa cesará a súa actividade en Catoira e os traballadores terán 15 días para rescindir os seus contratos. Pero a pesar de estar no tempo de desconto, operarios e sindicatos seguen loitando pola continuidade da empresa. E é que afirman, que a pesares do proceso de liquidación no que se atopa, e mesmo incluso en plena crise, seguen vendendo produto.

    Por iso agora centran os seus esforzos en atopar un empresario que se faga cargo de Cedonosa e para iso recorren á Xunta. Mañá reuniranse en Santiago con Pilar Cancela directora xeral de Relacións Laborais e acompañaraos o alcalde de Catoira. Traballadores e sindicatos reclaman tamén o apoio da cidadanía e o vindeiro día 24, ás cinco da tarde, convocaron unha concentración en Catoira.

    Redacción Salnés