EU Vilagarcía impulsará a RPT e o Plan de Prevención para os funcionarios

    VILAGARCÍA> Dar prioridade á Relación de Postos de Traballo dos funcionarios do concello de Vilagarcía, ó Plan de Prevención de Riscos Laborais e garantir que os servizos de emerxencias conten co equipamento preciso. Son as propostas de Esquerda Unida-Os Verdes Son en materia laboral. O candidato de Esquerda Unida-Os Verdes Son á alcaldía de Vilagarcía, Suso López, xunto con outros membros da candidatura reuníronse esta mañá con representantes da xunta de persoal e comité de empresa do concello para avaliar as necesidades deste colectivo. Peticións que contemplarán no seu programa político, como o impulso ó Plan de Prevención de Riscos Laborais ou a fixación da Relación de Postos de Traballo. López promete tamén impulsar a promoción interna con salarios acordes á categoría profesional. Especial atención prestarán ós colectivos que realizan intervencións de emerxencias, como son Bombeiros ou Protección Civil. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14/eutraballo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14/EU_VILLA_PERSOAL_CONCELLO.mp4{/flowplayer}