VALGA> O concello de Valga denuncia o roubo de preto de 100 metros do valo de madeira da Fervenza de Pedrafita. Os ladróns, achegaron os vehículos ata o valado e subtraeron o cerco recentemente renovados. Dende o concello piden axuda á cidadanía para que informen se algún particular instala estes valado nalgún predio.
Os amigos do alleo volveron a facer das súas, desta volta no concello de Valga. Os ladróns achegáronse ata as Fervenzas de Pedrafita e alí subtraeron 100 metros do valo de madeira que protexe a cascada.
A zona fora rehabilitada recentemente nun proxecto levado a cabo conxuntamente por varias administracións. O treito roubado coincide cunha das zonas máis perigosas da Fervenza.
Dende o concello sospeitan que os ladróns estaban perfectamente organizados.
Por iso piden axuda á veciñanza por se alguén descubre algo que informe á policía nacional.
O concello xa puxo a denuncia correspondente na policía nacional e roubo xa está en mans dos axentes que investigan o caso. O goberno local tampouco descarta poñer cámaras na zona ante os ataques vandálicos que sofren constantemente.