Os comuneiros critican a García pola perda da Escola Obradoiro

    albertogarcia_100_240506.jpgCATOIRA > A polémica entre o rexedor de Catoira e a actual xunta directiva da Comunidade de Montes San Miguel está servida. Alberto García ve na actitude dos comuneiros un interese claramente político por desprestixialo ante os veciños, que viron cómo se estragaba o proxecto dunha Escola Obradoiro en Pedras Miúdas que empregaría a 45 persoas e cun presuposto superior ós 840.000 euros.

    albertogarcia2_300_240506.jpgO rexedor de Catoira, Alberto García, segue culpando da perda da escola taller proxectada en Pedras Miúdas á xunta directiva dos comuneiros, que conta xa con varias dimisións a raíz dos problemas xurdidos nas negociacións.

    García ve claros intereses políticos na actitude das dúas persoas que quedan ó fronte da colectividade. Alberto García di que os comuneiros non certificaron dentro do prazo a cesión dos terreos solicitada pola Consellería de traballo para dar luz verde ó proxecto, a pesar de serlles requirida, incluso por vía notarial, a acta de aprobación en asemblea dos comuneiros para a posta a disposición dos terreos e a revogación do contrato con Remosil, que quere convertir esa zona nun vertedoiro de escombros, proxectado en 2002.

    Os veciños que asistiron ó pleno no que se tratou o fracaso do proxecto da Escola Obradoiro dirixíronse ó alcalde catoirense con insultos e abucheos, á vez que o voceiro nacionalista solicitaba a súa dimisión por mentir e enfrontar ós comuneiros.

    Redacción Salnés