A conselleira de Pesca inaugurou o punto de venta directa da lonxa meca

    posto_cofradia100_150109.jpgO GROVE > A partir de hoxe a peixería da Confraría estará aberta ó público en horario de mañá e tarde.

    {flowplayer}images/salnes/150109_punto_venda_inauguracion.flv{/flowplayer}

    Durante a inauguración, a conselleira amosouse especialmente satisfeita coa creación deste punto de venda na lonxa de O Grove por tratarse dun proxecto que partiu da propia confraría de pescadores.

    A peixería da lonxa estará aberta polas mañás en horario de nove a unha e polas tardes dende o comezo da poxa, ás cinco, ata as nove da noite. Para a atención do establecemento a confraría ten contratadas a dúas persoas, unha que se ocupará das compras na rula e outra para a venda ó consumidor, aínda que non descartan incorporar máis persoal en función da marcha das vendas.

    Para a posta en marcha deste proxecto a Xunta contou con 149.000 euros procedentes de fondos europeos. Segundo a conselleira de Pesca, a iniciativa non só beneficiará ós mariñeiros e veciños do Grove, senón que contribuirá tamén a impulsar o turismo da vila.

    Redacción Salnés