A policía Nacional busca aos catro asaltantes da casa de Renza

VILAGARCÍA> A policía nacional busca aos catros ladróns da casa asaltada no barrio de Renza en Vilagarcía. Os delincuentes fixéronse cun botín de máis de 20 mil euros. No atraco utilizaron armas e tiveron a familia secuestrada máis de dúas horas.

Neste barrio de Renza en Vilaxoán tivo lugar a pasada madruga un asalto a unha vivenda máis propio dunha película que da normalidade coa que se vive nesta zona de Vilagarcía. Preto das dúas da madrugada, un grupo, ao parecer, de catro encapuchados entraron nunha casa derribando a porta e retiveron ás tres persoas que durmían no fogar.

Os atracadores dirixíronse ao dormitorio principal e ataron ao matrimonio. O pesadelo para esta familia durou preto de dúas horas. Tempo no que os asaltantes estiveron golpeando ao dono da casa ata que este confesou onde tiña escondidos os cartos e as xoias. Ao parecer o bote que puideron levar os ladróns supera os 20 mil euros. Parte desa cantidade, supostamente, probiña dun negocio que o propietario fixera recentemente.

Unha vez remato o asalto, os vilagarciáns chamaron á policía e o home foi trasladado ao hospital para ser atendido polos golpes recibidos. Xa dado de alta presentou declaración na comisaría de Vilagarcía. Agora é a policía nacional que se está a facer cargo da investigación.

Os veciños da zona non quixeron facer declaracións pero aseguraron, fora de cámaras, que nin escoitaron nin viron nada. Tamén advertiron que o seu barrio é unha lugar seguro no que nunca viviran ningún suceso coma este.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí