As praceiras sabotean a inauguración da nova peixería da lonxa

    peixeiras100_150109.jpgO GROVE > Armadas con caldeiros e outros útiles de limpeza, as vendedoras bateron contra as mesas dos seus postos e cortaron a luz durante uns intres.

    {flowplayer}images/salnes/150109_punto_venda_confraria_grove_protesta.flv{/flowplayer} 

    As peixeiras da Praza de Abastos do Grove están en pé de guerra. Acusan á confraría de intentar restarlles clientes ó instalar ó carón do mercado un posto de venda de peixe e marisco. No centro das súas críticas está o patrón maior do pósito, Francisco Iglesias, ó que acusan de intentar beneficiarse coa apertura desta peixería.

    Segundo Iglesias, estas acusacións de competencia desleal carecen de fundamento. Asegura que o punto de venda da lonxa funcionará como unha peixería máis. A única diferenza é que só adquirirán a mercadoría na lonxa, de xeito que os mariñeiros se verán beneficiados pola apreciación do produto en orixe.

    O prezo do peixe é ó final o principal punto de discordia. As peixeiras aseguran que manteñen as contías indicadas na lonxa, mentres que o patrón maior admite que no punto de venda ofrecerán uns prezos máis competitivos ó non ter que pagar a intermediarios.

    Redacción Salnés