O Arousa denuncia ó Compostela por aliñación indebida de Rego

arousa_compostela250_150109.jpgVILAGARCÍA > O Arousa denunciou ó Compostela por suposta aliñación indebida no encontro que disputaron na Lomba o pasado domingo. O club vilagarcián reclama os 3 puntos ó soster que Rego xogou sen a súa ficha federativa en regra.

O Arousa espera recuperar nos despachos os tres puntos que o equipo perdeu no campo o pasado domingo contra o Compostela. O presidente do club presentou ante a Federación Galega de Fútbol unha reclamación por presunta aliñación indebida do xogador do Compostela Luis Ángel Villaverde Rego. O Arousa argumenta que a Rego lle faltan dous documentos por presentar por ser nacido fóra de España.

A directiva do Arousa lembra que a pasada tempada viviron unha situación similar cun xogador seu. Entonces desde a Federación Galega de Fútbol lles dixeron que desde a Española lles devolveran a documentación de Roberto ó faltarlle o certificado de nacemento orixinal, xa que naceu en Suíza. E dixéronlles que non podía xogar mentres non entregase ese documento. Para o Arousa o caso de Rego sería idéntico.

A directiva arousá afirma que desde a Federación lle estaban reclamando ese certificado de nacemento orixinal e que o luns lles confirmaron que inda non o presentara. Por iso din que, ou cambiaron as cosas desde a temporada pasada, ou no podía xogar o partido do domingo pasado. De conseguir así os tres puntos o equipo de Laxes sairía dos postos de descenso.

Redacción Salnés