O parque da Coca abandonado

    Fai case un mes que o paseo do río do Con de Vilagarcía non se limpa. Os veciños e rapaces que frecuentan esta zona denuncian o mal estado no que se atopa o parque, construido fai menos dun ano. As papeleiras non poden coller máis lixo e os nenos xogan entre papeis, pintadas e nalgunhas ocasións xeringuillas Fai case un ano que o paseo do río do Con se inauguraba en Vilagarcía como exemplo de natureza viva nunha cidade. Hoxe o aspecto do parque é moi diferente, as papeleiras están cheas de lixo acumulado, o parque da coca luce múltiples pintadas e o xardín dos arredores non ten case herba. Unha das nais acudíu a denunciar esta situación o Concello: non houbo resposta. Os veciños cren que están sendo indiscriminados por vivir as aforas de Vilagarcía e lembran o grupo de goberno que eles tamén pagan os seus impostos. Os nenos que cada día xogan neste parque tamén están cansados desta situación e piden o goberno que lles escoiten.